SERVIZOS

OS NOSOS SERVIZOS

Asesoría Fiscal – Laboral

Contabilidade, liquidacións de impostos e rendas e demais necesidades fiscais dos socios. Así mesmo, xestión de nóminas, altas e baixas, etc. do seu persoal asalariado.

Acceso ao mercado

Xestión de tarxetas de transporte de servizo público para socios e demais tramitacións administrativas: ampliacións de frota, substitución de vehículos, licenzas comunitarias, etc.

Aluguer de vehículos

Servizo de aluguer de vehículos industriais e comerciais novos e usados.

Asesoría Xurídica

Servizos xurídicos especializados en transporte para os socios: sancións de transportes e tráfico, litixios no contrato de transporte, morosidade e impagados, contenciosos sociolaborais, tributarios, etc.

Formación

Xestión das necesidades formativas dos socios: CAP, mercadorías perigosas, prevención de riscos, competencia profesional, tacógrafo e tempos de condución, etc.

Gasóleo e Seguros

Os mellores prezos de carburante nunha ampla rede de estacións de servizo.
Asesoría especializada en pólizas de transporte: frotas, mercadorías, responsabilidade civil, etc.