
A cooperativa de transporte ten demostrado ser unha fórmula válida en Galicia para a concentración de profesionais autónomos, quen agrupadándose nunha estrutura superior conseguen mellorar substancialmente a competitividade e produtividade dos seus vehículos, grazas aos servizos profesionais que a cooperativa lles fornece: comercialización, central de compras de caburante, seguros e outros subministros, asesoramento xurídico e fiscal-laboral especializado, aluguer de vehículos e plataformas, etc.
CHORIMA é un grupo cooperativo galego de transportes que traballa todos os días co obxectivo de prestar todos eses servizos aos seus socios cooperativistas cunha decidida aposta pola innovación e a mellora continua no sector do transporte de mercadorías por estrada, para o cal se ten dotado de profesionais cualificados e con ampla experiencia de técnica e de xestión.
Iniciativa de emprendedores
CHORIMA é un grupo cooperativo galego promovido no ano 2015 por un grupo de persoas vencelladas ao sector do transporte por carretera, co obxetivo de fomentar e facilitar o acceso ordeado e controlado a este sector a persoas emprendedoras e con iniciativa empresarial que desexan desempeñar a súa actividade no sector do transporte no marco da máis escrupulosa legalidade, e á vez integrarse nunha estrutura empresarial sólida e profesionalizada que lles permita ser máis fortes e competitivos.
Neste sentido, CHORIMA desenvolve a máis estrita, rigorosa e permanente capacitación profesional dos seus socios cooperativistas.
Entidade xeradora de emprego estable
CHORIMA representa fielmente as vantaxes do cooperativismo e os seus principios esenciais, aproveitando a través da integración dos socios na cooperativa melloras na súa competitividade, produción e eficiencia para a xestión da actividade e dos vehículos en particular, recollendo baixo a mesma estrutura empresarial as vantaxes dunha adecuada integración dos profesionais do transporte emprendedores nunha estrutura mais dimensionada.
Así, somos un claro exemplo do labor tan sobranceiro que as cooperativas veñen desempeñando no mercado laboral, favorecendo a integración da mocidade, persoas desempregadas e colectivos con maiores dificultades de inserción laboral. Ademais compre subliñar que o emprego xerado por este grupo cooperativo galego destaca pola súa estabilidade e calidade, xerándose empregos de carácter indefinido.
Responsabilidade social e mellora do medio ambiente
CHORIMA tamén ten como principio reitor o fomento da responsabilidade social empresarial. Isto é, unha xestión responsable como obxectivo compartido para contribuír ao bo funcionamento da sociedade galega actual, particularmente a través dun inequívoco compromiso social, coa nosa cultura e a nosa lingua. Ademáis, CHORIMA promove entre os seus socios as boas prácticas medioambientais, a seguridade viaria laboral e a formación continua.
Os mellores prezos no carburante
CHORIMA pon a disposición dos seus socios as máis óptimas condicións de compra de carburante, en distintas compañías e con cobertura de todas as rutas, pensadas tanto para aqueles que realizan distribución capilar en Galicia como para os que saen á ruta.




